DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FRIOL

ANUNCIO de oferta de emprego público.

O Pleno do Concello na sesión que tivo lugar o 27 de maio de 2010 prestou aprobación á modificación do cadro de persoal do concello, en relación cunha praza de operario de servizos múltiples, que unha vez xubilado o seu titular, pasará á súa provisión por persoal laboral fixo.

Por resolución do alcalde presidente do Concello de Friol, do 25 de xuño de 2010, préstase aprobación á oferta de emprego público para o ano 2010, que comprende:

-Provincia: Lugo.

-Corporación: Concello de Friol.

-Denominación o posto: operario servizos múltiples-persoal laboral.

-Número de prazas: 1

-Nivel de titulación: certificado de escolaridade.

O que se fai público en cumprimento do disposto nos artigos 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 232 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia e no artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público.

Friol, 25 de xuño de 2010.

Antonio E. Muiña Pena

Alcalde