DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BÓVEDA

EDICTO.

En cumprimento do disposto no punto 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente nº 2010/220-2.6.2. que se tramita por instancia de Granimao, S.L.N.E. para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de taller de cantaría, que se instalará nas parcelas 42, 43 e 44 do parque empresarial de Bóveda.

Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia de Lugo e Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que teña por conveniente.

Bóveda, 11 de xuño de 2010.

José Manuel Arias López

Alcalde presidente