DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

EDICTO.

Licitación de alleamento de parcelas no parque empresarial SUI-1 Chorente de Allariz.

Por acordo do Pleno desta corporación local, do 25 de xuño de 2010, foi aprobado o alleamento dunha serie de parcelas sitas no parque empresarial de Chorente SUI-1 de Allariz, mediante procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, un único criterio de adxudicación ao prezo máis alto, xunto co prego de claúsulas administrativas particulares.

Publícase no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante, por un prazo de quince (15) días naturais, o anuncio de licitación, para seleccionar os compradores, con suxeición ás seguintes cláusulas. Se o prazo de vencemento coincidise en sábado ou festivo, trasladarase ao seguinte día hábil.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Allariz.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: B2010.04.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: alleamento das seguintes parcelas sitas no parque empresarial de Chorente SUI-1 de Allariz:

Lote nº 8 Superficie: 1.082 m2 Parcela nº: 51

Lote nº 9 Superficie: 1.000 m2 Parcela nº: 52

Lote nº 10 Superficie: 1.000 m2 Parcela nº: 53

Lote nº 13 Superficie: 1.098 m2 Parcela nº: 61

Lote nº 14 Superficie: 1.000 m2 Parcela nº: 60

Lote nº 23 Superficie: 1.082 m2 Parcela nº: 45

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Tipo de licitación.

O tipo de licitación á alza é de 45 euros/m2, máis IVE.

5. Garantía provisional: 2% sobre o tipo de licitación do contrato (45 euros/m2).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Allariz.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade e código postal: 32660 Allariz.

d) Teléfono: 988 44 00 01.

e) Fax: 988 44 00 78.

f) Data límite de obtención de documentos e información: durante todo o prazo de exposición pública.

7. Requisitos específicos do contratista: os xerais recollidos no prego de cláusulas administrativas que se publica integramente no perfil do contratante.

8. Criterios de valoración das ofertas.

A adxudicación efectuarase a favor da proposta máis vantaxosa determinada polo prezo máis alto; en caso de empate resolverase a favor do proxecto empresarial descrito na letra f) da cláusula quinta.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da última publicación do anuncio de licitación nos boletíns (BOP ou DOG). Se o prazo de vencemento coincidise en sábado ou festivo, trasladarase ao seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: descrita na cláusula 5ª do prego.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Concello de Allariz.

2) Domicilio: praza Maior, nº 1.

3) Localidade e código postal: 32660 Allariz.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Allariz.

b) Domicilio: praza Maior, nº 1.

c) Localidade: Allariz.

d) Data: 2º día hábil tras finalizar o prazo de presentación das proposicións. Se o prazo de vencemento coincidise en sábado ou festivo, trasladarase ao seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12.00 horas.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista.

12. Perfil do contratante onde figuren informacións relativas á convocatoria e onde se poidan obter os pregos: na Secretaría do Concello de Allariz e na páxina web: www.allariz.com

Allariz, 28 de xuño de 2010.

Francisco García Suárez

Alcalde