DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2010, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación polo Servizo Galego de Saúde dos servizos de soporte e mantemento de e-receita. AB-SER1-10-027.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n, 2º andar.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Fax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 21 de xullo de 2010.

d) Número de expediente: AB-SER1-10-027.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: soporte e mantemento de e-receita.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a sinatura do contrato prevista para o 1-10-2010 ata o 31-12-2011.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto Puntuación

Oferta económica 0-40

Metodoloxía de traballo e plan de participación dos recursos 0-25

Plan de evolución do sistema 0-25

Parámetros de servizo 0-10

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 550.000 euros. IVE 16%, importe total 638.000 euros.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 y categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusulas 5.3.1.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 21 de xullo de 2010.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións, para a adxudicación provisional.

8. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, edificio administrativo San Lázaro s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) A data e a hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatario/s.

10. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 15 de xuño de 2010.

11. Outras informacións.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2010.

Pablo Torres Arrojo

Director de Recursos Económicos