DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

ANUNCIO do 10 de xuño de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia no expediente 15R002/70/10.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación personal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe do Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (edificio administrativo Monelos, 2º andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 10 de xuño do 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/70/2010.

Interesado: Xina Ying Ye.

CIF: 35579759-R.

Acto notificado: acordo de iniciación.