DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.283

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2010 pola que se anuncia procedemento aberto multicriterio, tramitación ordinaria, para a selección de oferta para a tramitación da concesión administrativa de ocupación e explotación das instalacións e dos terreos para varada, reparación e mantemento de embarcacións no porto de Tragove (Cambados). (Expediente 13-36-10-C-1).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: dirección.

2. Obxecto do procedemento:

a) Descrición do obxecto: é a selección de oferta para a tramitación da concesión administrativa de ocupación e explotación das instalacións e dos terreos para varada, reparación e mantemento de embarcacións no porto de Tragove (Cambados).

b) Lugar da concesión: porto de Tragove. Concello de Cambados.

c) Prazo da concesión: vinte (20) anos con posibilidade de prórroga ata acadar os trinta (30) anos ou o prazo máximo establecido na lexislación vixente no momento da prórroga.

d) Clave do expediente: 13-36-10-C-1.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no número 10.1.4. do prego de bases.

4. Taxas concesionais: as especificadas no prego de bases.

5. Garantía provisional: a especificada no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, 5º A-6ª polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15707.

d) Teléfono: 981 95 75 51.

e) Fax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Perfil do contratante: os pregos administrativos desta convocatoria poderanse obter nos seguintes enderezos da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14446

7. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do trixésimo (30º) día hábil seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o derradeiro día do prazo coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de bases.

c) Lugar de presentación: as proposicións presentaranse en tres (3) sobres pechados no rexistro xeral do ente público Portos de Galicia, sito na praza de Europa, 5-A-6º, polígono das Fontiñas (Área Central), de Santiago de Compostela, 15707, segundo se especifica no punto 9.5º do prego de bases, ou enviaranse por correo dentro do prazo de admisión indicado, debendo inescusablemente o licitador xustificar a data de imposición do envío anunciándoo a Portos de Galicia, mediante burofax, fax ou telegrama, no mesmo día. Sen a concorrencia de ambos os dous requisitos non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora de finalización do prazo sinalado neste anuncio.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses dende a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa, 10-4º. Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data: o sétimo (7º) día natural contado desde a apertura da documentación administrativa. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións: a mesa de contratación, en cumprimento do disposto na cláusula 10.1.1. do prego de bases, comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, se é o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2010.

José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Presidente de Portos de Galicia