DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2010 pola que se anuncia a contratación dun servizo consistente na elaboración e implementación dun sistema de información procedemental, polo procedemento aberto e con pluralidade de criterios.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 010/11.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo consistente na elaboración e implementación dun sistema de información procedimental no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC) (Consellería de Facenda-Xunta de Galicia).

b) Prazo de execución: 1 ano, contado dende a data de sinatura do correspondente contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo de licitación:

Importe (sen IVE): 192.600,00 €.

Importe IVE: 30.816,00 €.

Importe total: 223.416,00 €.

Distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2010: 96.300,00 €. IVE excluído.

Exercicio 2011: 96.300,00 €. IVE excluído.

5. Garantía provisional.

3% do orzamento da contratación: 5.778,00 €.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXETC.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, Nº9.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37/26.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimoquinto (15) día natural, contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correos, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: CIXTEC.

2) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

3) Localidade e código postal: 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: CIXTEC.

b) Enderezo: rúa Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

Mesa pública: criterios cuantificables mediante xuízo de valor:

-Data: o sétimo (7) día hábil, contado a partir do seguinte ao de remate de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a Mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

-Hora: 10.15 horas.

Mesa pública: criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas:

-Data: o décimo primeiro (11) día hábil, contado a partir do seguinte ao de remate de presentación de ofertas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a Mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte, á mesma hora.

-Hora: 10.15 horas.

10. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios irán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 €. por liña escrita no DOG.

11. Páxinas web onde poden obterse os pregos:

www.cixtec.es

Santiago, 28 de xuño de 2010.

M. Mauro Fernández Dabouza

Director xeral do Centro Informático

para a Xestión Tributaria,

Económico-Financeira e Contable