DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.280

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2010 pola que se fai pública a adxudicación definitiva da contratación do servizo para levar a cabo a migración das aplicacións de pensións non contributivas (PNCS) e renda de integración social (Risga), así como o mantemento e soporte das ditas aplicacións xunto coas de fondo de asistencia social (FAS) e cheque asistencial (Cheque).

1.-Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral-Servizo de Contratación e Obras.

c) Número de expediente: 11/08/SX.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=13483

2.-Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para levar a cabo a migración das aplicacións de pensións non contributivas (PNCS) e renda de integración social (Risga), así como o mantemento e soporte das ditas aplicacións xunto coas de fondo de asistencia social (FAS) e cheque asistencial (cheque). (CPV: 72253200-5).

c) Boletín e diarios oficiais e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE nº 2010/S 21-030025 do 30 de xaneiro, BOE nº 26 do 30 de xaneiro e DOG nº 23 do 4 de febreiro de 2010.

3.-Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4.-Orzamento base de licitación. Importe neto: 433.474,59 euros. IVE (16%): 69.355,93 euros. Importe total: 502.830,52 euros.

5.-Adxudicación definitiva.

a) Data: 18-5-2010.

b) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 355.430 euros. IVE (16%): 56.868,80 euros. Importe total: 412.298,80 euros.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2010.

P.D. (Artigo 1 da Orde 19-8-2009)

Cristina Ortiz Dorda

Secretaria xeral da Consellería de Traballo

e Benestar