DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.280

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 2 de xuño de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2008094PRO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 28 de abril de 2010, a conselleira de Sanidade ditou resolución recaída no recurso de alzada do expediente sancionador 2008094PRO incoado no Departamento Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Patricia Moreno Alboraya.

Intentada a notificación desta resolución, segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Patricia Moreno Alboraya o contido da resolución do recurso de alzada, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado ou o a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8 e 14, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias do departamento, sito na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, ou nos servizos centrais na secretaria xeral (Servizo Técnico Xurídico), situada no terceiro andar do edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O aboamento da sanción farase no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que pode efectuar en calquera oficina da Caixa Galicia conta contable 840, código 001, en Caixanova Recadación Xunta, en BBVA Transacción 1316, NIF S1511001H ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lles facilitarán nas dependencias deste departamento territorial ou nos servizos centrais da Consellería de Sanidade. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 2 de xuño de 2010.

Emma Rego Valcarce

Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2008094PRO.

Interesada: Patricia Moreno Alboraya.

DNI/NIF/CIF: 34899970-T.

Último enderezo coñecido: Profesor Tierno Galván, 6-5º C; Acea da Ma, Culleredo.

Feito/s imputado/s: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s: artigo 35 b) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade e artigo 145 e) da Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia. E o artigo 13.1º da Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre droga.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 5.000 euros (cinco mil euros).

Contido da resolución: desestimar o recurso de alzada interposto por Patricia Moreno Alboraya en calidade de administradora da entidade Moreno Arboleya, S.L. (Discoteca La Nuit), a través do que interpón recurso de alzada contra a resolución do secretario xeral do Sevizo Galego de Saúde con data do 2 de xullo de 2008.