DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2010 pola que se anuncia a contratación do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Galicia innovadora e competitiva. (Expediente 06/10 SX).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela; 15.781.

4) Teléfono: 981 54 55 22.

5) Telefax: 981 54 49 49.

6) Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: economiaeindustria.xunta.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 06/10 SX.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: execución das prestacións consistentes no desenvolvemento da campaña publicitaria Galicia innovadora e competitiva.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si / 2.

Lote 1: Creatividade e produción.

Lote 2: Estratexia, planificación e inserción en medios.

d) Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución:

Lote 1: 30 días naturais desde o seguinte ao da sinatura do contrato.

Lote 2: dous meses desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 79.341000-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base de licitación.

a) Lote 1: importe neto: 88.983,05 euros. IVE (18%): 16.016,95 euros. Importe total: 105.000 euros.

b) Lote 2: importe neto: 504.237,29 euros. IVE (18%): 90.762,71 euros. Importe total: 595.000 euros.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: lote 1: 4.449,15 euros; lote 2: 25.211,86 euros.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación:

Lote 1: non se exixe.

Lote 2: grupo T, subgrupo 1, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: para o lote 1 e respecto do lote 2 exclusivamente para os empresarios non españois de estados membros da Unión Europea, nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 28 de xullo de 2010.

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto nas cláusulas B da folla de especificacións e 6.1, ambas do PCAP.

c) Lugar de presentación.

1. Dependencia: oficina do rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano.

2. Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 145 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas (sobres B e C).

a) Enderezo: Consellería de Economía e Industria, edificio administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4.º andar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela; 15.781.

c) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: non superarán os 5.000 euros e serán por conta dos adxudicatarios nos termos sinalados na cláusula P da folla de especificacións do PCAP.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 29 de xuño de 2010.

11. Outras informacións.

Poden obterse os pregos páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14453

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2010.

P.D. (Orde do 30-4-2009, DOG nº 87)

José Riesgo Boluda

Secretario xeral da Conselleria de Economía

e Industria