DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 1 de xuño de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Oroso. (Expediente IN407A 10/116).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e CC.TT. avda. Compostela.

Situación: concello de Oroso.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, de 1.595 m de lonxitude, en condutor R.H.Z.1 de 240 mm2 Al, con orixe en C.T. Oroso Pequeno e final en C.T. Instituto de Sigüeiro.

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, de 985 m de lonxitude, en condutor R.H.Z.1 de 240 mm2 Al, con orixe no C.T. rúa do Deporte e final en L.M.T.S. existente entre C.T. rúa do Deporte e C.T. Grabanxa, 51, pasando antes polos CC.TT. da urbanización Revolta I e II de 800 kVA c/u e Revolta III de 400 kVA, este último prefabricado de manobra exterior, e os nº 1 e nº 2 de manobra interior. Concello de Oroso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 1 de xuño de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña