Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. Barreira.
Situación: concello de Ribeira.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, de 12 m de lonxitude, en condutor R.H.Z.1 de 240 mm2 Al, con orixe e final na L.M.T.S. existente entre os CC.TT. Gude e Cordeiro, pasando polo mesmo C.T. compacto de manobra exterior de 250 kVA denominado Barreira. Concello de Ribeira.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 1 de xuño de 2010.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña