DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 1 de xuño de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela. (Expediente IN407A 10/106).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. urbanización Campo do Amo.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, de 146 m de lonxitude, en condutor R.H.Z.1 de 240 mm2 Al, con orixe e final na L.M.T.S. existente entre C.T. Santas Mariñas 6 e C.T. Mármoles Allende, pasando polo novo C.T. de manobra exterior de 630 kVA, sito en camiño Campo do Amo. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 1 de xuño de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña