DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ANUNCIO do 4 de xuño de 2010, da Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a decisión do 3 de xuño de 2010, de non someter o Plan Especial de Protección e Rehabilitación e Reurbanización de Espazos Interiores no grupo 502 de vivendas de promoción pública nas rúas Bueu, Moaña, Vilagarcía e Camiño da Raposa no polígono de Coia (Vigo), promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei 9/2006, do 28 de abril, de avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, faise pública a decisión de non someter o Plan Especial de Protección e Rehabilitación e Reurbanización de Espazos Interiores no grupo 502 de vivendas de promoción pública nas rúas Bueu, Moaña, Vilagarcía e Camiño da Raposa no polígono de Coia (Vigo) promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, ao procedemento establecido no seu artigo 7.

Esta decisión pódese consultar na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no seguinte enderezo da internet:

http://aae.medioambiente.xunta.es/

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2010.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental