DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ANUNCIO do 3 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente LU-RES 2010/068.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentenda a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da notificación deste anuncio, na sede do Departamento Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sita en rolda da Muralla nº 70, 2º de Lugo, das 9.00 horas ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 3 de xuño de 2010.

José Mª López Vega

Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2010/068.

Interesado: Salvador Pérez Fernández.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.