DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.273

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

CÉDULA do 2 de xuño de 2010, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expedientes XC-00164-O-2010 e XC-01956-O-2009).

Por medio desta cédula notifícanse aos denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras ditadas polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), ditadas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa e que poden interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade dentro do prazo dun mes, contando desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición de recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390002 e, de non o facer así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para que conste, sirva de notificación aos citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 2 de xuño de 2010.

César Concheiro Ceide

Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

Ver referencia pdf "12600D054P102.PDF"