DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

CÉDULA do 24 de maio de 2010, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatario ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar. (Expediente PO-00172-O-2010 e catro máis).

Por medio desta cédula notifícaselles aos denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores, que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante o Servizo de Mobilidade de Pontevedra o que consideren conveniente, presentado ou propondo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ao da publicación desta cédula.

Para que conste, sirva de notificación aos citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 24 de maio de 2010.

José Jorge Martínez Fernández

Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade

de Pontevedra

Ver referencia pdf "12600D050P100.PDF"