DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 25 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia (Pérez Represas, Jonathan e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e ao non ser posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por este anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, de luns a venres, na oficina liquidadora correspondente no enderezo e horario que se sinala no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento de prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 25 de xuño de 2010.

Mª José de Castro Pena

Xefa territorial de Pontevedra

Ver referencia pdf "12600D048P098.PDF"