DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 23 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Nadela Rodríguez, Ángel, e vinte e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, por este anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Secretaría do Departamento Territorial de Facenda en Lugo; rolda da Muralla 70-1ª, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres; ou ben, se for o caso, na oficina liquidadora correspondente.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 23 de xuño de 2010.

Gonzalo Vázquez Rivas

Xefe territorial de Lugo

Ver referencia pdf "12600D048P098.PDF"