DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.265

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 15 de xuño de 2010, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relaciona acordo de aprazamento/fraccionamento de pagamento pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Fernando Gamallo Cartelle).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónase acordo de aprazamento/fraccionamento pendente de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázase o interesado que figura no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3º do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8.4º, 15781 en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2010.

Matías Alonso del Campo

Subdirector xeral de Recadación

Ver referencia pdf "12600D042P093.PDF"