DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 15 de xuño de 2010, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relacionan reintegros e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar e se emprazan as interesadas que se sinalan para seren notificadas por comparecencia (Obras y Edificaciones Seixo, S.L. e Proyectos Tecnologicos de Galicia, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, xeral tributaria, do 17 de decembro, relaciónanse reintegros e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3º do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8, 4º, 15781, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2010.

Matías Alonso del Campo

Subdirector xeral de Recadación

Ver referencia pdf "12600D042P093.PDF"