DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 14 de xuño de 2010, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada na solicitude de compatibilidade formulada por Mónica Camaño González.

Con data do 12 de maio de 2010 a conselleira de Facenda ditou Resolución pola que se denega a solicitude de compatibilidade formulada por Mónica Camaño González.

Intentada a notificación da citada resolución a través do servizo de correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación esta non se puido practicar, sendo devolta polo dito servizo por non retirado tras os dous intentos nos que consta ausente repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Mónica Camaño González,a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñe a interesada recurso de resposición ante a Conselleira de Facenda, no prazo dun mes, ou directamente, recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados, en ambos os casos, a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2010.

José María Barreiro Díaz

Director xeral da Función Pública