DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FACENDA

ANUNCIO do 9 de xuño de 2010, do recadador de zona de Vigo, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Alonso Iglesias, Eduardo e setenta e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal do xeito indicado no artigo anterior, e emprázanse os interesados ou os seus representantes, que se sinalan no anexo, para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na zona de recadación de Vigo, con enderezo en r/ Areal nº 62, local 3 en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 9 de xuño de 2010.

Javier Sánchez García

Recadador de zona de Vigo

Ver referencia pdf "12600D037P086.PDF"

Ver referencia pdf "12600D038P089.PDF"