DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación para a contratación da subministración de mobiliario de oficina con destino aos novos órganos xudiciais de Galicia en 2010, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e adxudicación baseada en multicriterios.

1.-Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº1, 2º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 62 28/29 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 95 78 22.

5. Telefax: 981 54 42 39.

6. Correo electrónico:

maria.blanco.aller@xunta.es ou rafael.juanatey.mayan@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14344

8. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: SUXU 05-CH.

2.-Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo.

b) Descrición: subministración de mobiliario de oficina con destino aos novos órganos xudiciais de Galicia en 2010.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva.

d) Lugar de entrega: nas sedes dos novos órganos xudiciais en Galicia en 2010.

e) Prazo de execución: 30 días contados desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

f) CPV: 39100000-3 e dez máis relacionados no punto 5.2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

3.-Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Subasta electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 11 da folla de especificacións.

4.-Orzamento base de licitación:

Importe neto: 106.618,97 euros.

IVE (16%): 17.059,03 euros.

Importe total: 123.678,00 euros.

5.-Garantías exixidas.

Provisional: 3.710,34 euros.

Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación (IVE excluído).

6.-Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 16 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

7.-Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación desta epígrafe no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado no punto c deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela 15781.

1. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do complexo administrativo San Caetano.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

8.-Apertura de ofertas.

a) Dirección: Subdirección Xeral de Contratación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, edificio administrativo San Caetano bloque 1, 2º andar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: terá lugar o acto público, ás 12.15 horas, o décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

9.-Gastos de Publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2010.

Beatriz Cuiña Barja

Secretaria xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza