DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos PO-12/10 NL e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo que se achega, as propostas de resolución ditadas nos expedientes sancionadores por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos e a disposición transitoria 1ª do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio), en relación co artigo 29.1º d) da LOSC.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias.

A tramitación do expediente realízase na oficina deste departamento territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na rúa Fernandez Ladreda, 43, 9º, Pontevedra.

No suposto de non efectuar alegacións ditarase resolución cos efectos previstos nos artigos 20 do Real decreto 1398/1993.

Pontevedra, 10 de xuño de 2010.

José Antonio González Álvarez

Xefe territorial de Pontevedra

Anexo

Número de expediente: PO-12/10 NL.

Denunciado: Ángel Maquieira Calvo.

NIF: 77413629.

Establecemento: Cocoyambo, sito na rúa Fermín Mosquera, 37, Caldas de Reis.

Precepto infrinxido: artigo 23 e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción proposta: 600 euros.

Número de expediente: PO-13/10 NL.

Denunciado: Ángel Maquieira Calvo.

NIF: 77413629.

Establecemento: Cocoyambo, sito na rúa Fermín Mosquera, 37, Caldas de Reis.

Precepto infrinxido: artigo 23 e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción proposta: 600 euros.

Número de expediente: PO-14/10 NL.

Denunciado: Ángel Maquieira Calvo.

NIF: 77413629.

Establecemento: Cocoyambo, sito na rúa Fermín Mosquera, 37, Caldas de Reis.

Precepto infrinxido: artigo 23 e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola L.O. 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción proposta: 600 euros.