De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes de multa, por infraccións en materia de espectáculos públicos, cuxo número se cita no anexo.
Contra estas resolucións poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.
Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias do departamento territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no dito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
Pontevedra, 8 de xuño de 2010.
José Antonio González Álvarez
Xefe territorial de Pontevedra
Ver referencia pdf "12600D031P083.PDF"