DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2010, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se dispón a notificación dunha proposta de resolución de expediente sancionador por infracción en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción en materia de xogo, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, para poder examinar o expediente no Servizo de Emerxencias e Interior deste departamento territorial, situado na avenida da Habana, nº 79-6º (Ourense), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Ourense, 3 de xuño de 2010.

Luis Menor Pérez

Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nome: Serafín Vázquez Costa.

DNI/NIF: 33308445-Y

Nº de expediente: OU-25/09.

Precepto infrinxido: artigo 30 c) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Último domicilio: r/ Ramón Montenegro, nº 40, 6º-I Lugo.

Sanción proposta: apercibimento.