DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación das propostas de resolución de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que deseguido se relacionan, a quen non se lle puido facer por correo certificado, as propostas de resolución ditadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase no anexo.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Emerxencias e Interior deste departamento territorial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Lugo, 7 de maio de 2010.

Marta Barreiro Castro

Xefa territorial de Lugo

Ver referencia pdf "12600D031P083.PDF"