DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.254

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (413/2010).

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 59 da Lei de procedemento laboral e 156.4º e 164 da Lei de axuizamento civil, por medio deste edicto cítase a Activa Verde, S.L. co fin de que compareza o día 28 de xaneiro de 2011, ás 10.30 horas, aos actos de conciliación e, de ser o caso, ao xuízo, que terán lugar na sala de audiencias deste xulgado, sito na rúa Armando Durán, 1, 4º, baixo apercibimento de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Lugo, catro de xuño de dous mil dez.

Rafael González Alió

Secretario xudicial