DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.254

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (627/2009).

María Blanco Aquino, secretaria do Xulgado do Social número un da Coruña, fai saber que no procedemento Demanda 627/2009 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Alexis Gabriel Martínez Rojas, contra a empresa Distribuciones López Oliveira, S.L., sobre ordinario, se ditou auto coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimo a demanda formulada por Alexis Gabriel Martínez Rojas, contra a empresa Distribuciones López Oliveira, S.L., polo que condeno a empresa demandada a que lle aboe á parte demandante a cantidade de 6.333,19 euros, polos conceptos recoñecidos como debidos nesta resolución.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida sentenza poden interpor recurso de suplicación, que deberá anunciar o seu avogado ou representante legal designado para o efecto ante este xulgado no prazo de cinco días contado desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito das partes, designando o letrado que o deberá interpor. É posible o anuncio por mera manifestación da parte recorrente ao ser notificada e será resolto, de ser o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, ademais, acreditar, ao anunciar o recurso, ter depositado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banesto, conta nº 1531, clave 60, que se pode substituír polo aseguramento mediante aval bancario, coa constancia da responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na conta nº 1531, clave 34 e en calidade de

depósito, nun impreso separado do do importe da condena.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Distribuciones López Oliveira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña o vinte e séis de maio de dous mil dez.

María Blanco Aquino

Secretaria xudicial