DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.252

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (16/2010).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Resolución da sentenza do 31 de maio de 2010.

Decido que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta polo procurador sr. Pérez Goris, en nome e representación de Julieta Alejandra Faoro, sinalada en autos, asistida do letrado sr. Ouleo Erroz fronte a Sergio Alejandro Oliveira, maior de idade, sinalado en autos, con NIE X6342936L, declarado en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal, ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes o día 31 de marzo de 2005 en Berazategui, Buenos Aires (Arxentina), por concorrer a causa prevista no artigo 86.1º do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio e, así mesmo, a improcedencia de todo pronunciamento sobre garda e custodia, uso de domicilio conxugal, alimentos e pensión compensatoria.

En canto sexa firme esta resolución, expídase testemuño dela ao procurador da parte demandante para que proceda á súa anotación rexistral.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas deste proceso.

Esta resolución no é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolucion pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 457 e seguintes e 776 da Lei de axuizamento civil) logo da consignación de depósito de 50 euros previsto na disposición adicional 15ª da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número seis desta localidade e do seu partido xudicial».

Publicación: esta resolución leuna e publicouna o xuíz que a ditou, en audiencia pública, o día da súa data.

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Sergio Alejandro Oliveira, declarado en rebeldía, expídese esta cédula para que lle sirva de notificación.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2010.

José Luis Pérez García

Secretario xudicial