DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.252

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO MERCANTIL NÚMERO UN DE PONTEVEDRA

EDICTO (366/2009).

Neste xulgado se seguiron autos de xuízo ordinario número 366/2009 sobre reclamación de cantidade promovido por instancia de Agunsa Europa, S.A., representada polo procurador Antonio Fernández García e asistido do letrado Alfredo Lorenzo Zarandona contra Selecção Regular de Productos Alimentares, Lda., declarados en rebeldía procesual, no cal se ditou a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 104/2010.

Pontevedra, 4 de maio de 2010.

José Mª Blanco Saralegui, maxistrado xuíz do Xulgado Mercantil número uno de Pontevedra, tendo visto os autos de xuízo ordinario rexistrados co número 366/2009, instados polo procurador sr. Fernández García, en nome e representación de Agunsa Europa, S.A., asistida polo letrado sr. Lorenzo Zarandona, contra Selecção Regular de Produtos Alimentares, S.A., en situación de rebeldía procesual, en reclamación de cantidade.

Decido que, estimando íntegramente a demanda interposta polo procurador Antonio Fernández García na representación acreditada, debo condenar e condeno a Selecção Regular Produtos Alimentares, Lda., a satisfacer á demandante da cantidade de 27.275,13 euros, máis xuros de demora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, todo iso con expresa imposición á demandada das custas causadas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme, e ante esta cabe interpoñer recurso de apelación neste xulgado ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de cinco días desde a súa notificación ás partes, logo de consignación ao preparalo, de 50 euros na forma prevista na disposición derradeira 15 da LOPX.

Así, por esta sentenza, que se rexistrará no libro de sentenzas e da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, o pronuncio, o mando e o asino.

José Mª Blanco Saralegui.

Maxistrado do Xulgado Mercantil número un de Pontevedra».

Publicación. Dada, lida e publicada foi a anterior sentenza polo mesmo maxistrado xuíz que a ditou, estando celebrando audiencia pública no mesmo día da data, do que eu, a secretaria, dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Selecção Regular de Produtos Alimentares, Lda., esténdese esta para que sirva de notificación da sentenza que será publicada no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, catro de maio de dous mil dez.

José Luis Gutiérrez Martín

Secretario xudicial