DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.251

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 15 de xuño de 2010, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe do Servizo de Pediatría deste centro.

Convocada a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dun posto de traballo vacante no Complexo Hospitalario de Pontevedra, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario, e na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, Xerencia Xeral, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 15 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia nº 119, do 19 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve adxudicar o posto convocado á persoa que se indica no anexo desta resolución.

Pontevedra, 15 de xuño de 2010.

José Manuel González Álvarez

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra

ANEXO

Posto de traballo: xefe do Servizo de Pediatría.

Nome e apelidos: José Antonio Couceiro Gianzo.

DNI 36060325-M.

Ver referencia pdf "12600D024P079.PDF"