DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.250

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ORDE do 17 de xuño de 2010 pola que se resolve convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo, anunciada pola Orde do 4 de maio de 2010.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo pola Orde do 4 de maio de 2010 (DOG número 96, do 24 de maio), de conformidade co establecido no artigo 29.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4º do referido decreto lexislativo, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica á persoa que se relaciona no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual da persoa que obtiva praza, producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a persoa preste os seus servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, segundo o artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e do disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura do centro en que cause baixa a persoa, así como daquel en que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, a correspondente dilixencia de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado mediante copia á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso postestativo de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2010.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas

ANEXO

Apelidos e nome: Gallego Neira, Rosa María.

NRP: 3276941357 A2060.

Grupo: A1.

Denominación do posto: xefa de área provincial.

Nivel: 28.

Complemento específico: 16.647,68 euros.

Corpo/escala: superior de administración da Xunta de Galicia.

Código do posto: VI.A99.10.000.15001.001.

Centro directivo: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Localidade: A Coruña.