DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.248

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2010, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas da modificación dos ámbitos en determinados corpos, escalas, grupos e categorías reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Finalizado o prazo fixado pola Resolución do 15 de abril de 2010 (DOG nº 74, do 21 de abril) da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas provisionais da modificación dos ámbitos en determinados corpos, escalas, grupos e categorías reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, constatada a existencia dalgúns erros materiais e vistas as alegacións formuladas polos/as interesadas/os, a comisión permanente central acordou, na reunión do 29 de xuño de 2010, elevar a correspondiente proposta polo que esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas da modificación dos ámbitos nos corpos, escalas, grupos e categorías que se inclúen no anexo I desta resolución.

Segundo.-As listas atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e tamén poden consultarse na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) no punto Función Pública autonómica. As listas están expostas na forma que se indica a seguir:

-Solicitantes admitidos na lista con indicación dos ámbitos nos que se inclúen.

-Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ao 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2010.

José María Barreiro Díaz

Director xeral da Función Pública

Ver referencia pdf "12600D019P076.PDF"