DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.247

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2010 pola que se crea o ficheiro de xestión de usuarios dos servizos do Instituto de Medicina Legal como ficheiro de datos de carácter persoal da Universidade de Santiago de Compostela.

A disposición adicional segunda, 2, da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación ou modificación dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse mediante a disposición xeral correspondente.

A Universidade de Santiago de Compostela aprobou a regulación dos seus ficheiros para a súa adecuación á LOPD mediante Resolución do 24 de xuño de 2002 e resolucións posteriores.

A implantación efectiva de medidas de seguridade e a realización de novos servizos ou actividades fan aconsellable a creación de novos ficheiros de protección de datos que se engaden aos xa existentes.

Na súa virtude, e co fin de dar cumprimento ao mandato legal do artigo 20 da LOPD, sobre creación ou modificación de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal xestionados pola Universidade de Santiago de Compostela, e de lles asegurar aos administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos,

DISPOÑO:

Primeiro.-Crearase o ficheiro de xestión de usuarios dos servizos do Instituto de Medicina Legal. A súa descrición contense no anexo desta resolución, indicando o nivel de medidas de seguridade, en aplicación do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Segundo.-O ficheiro que se indica no anexo rexerase polas disposicións xerais e instrucións que se detallen, e estará sometido, en todo caso, ás normas legais e aos regulamentos de superior rango que lles sexan aplicables.

Terceiro.-A aprobación desta resolución non supón a supresión de ningún ficheiro de datos de carácter persoal, polo que non é necesaria a aplicación do disposto no artigo 20.3º da LOPD.

Cuarto.-Ademais das cesións previstas para cada un dos ficheiros, poderanse realizar cesións sempre que así se recolla nunha norma ou para os efectos de lles remitir datos aos servizos estatísticos, tanto estatais como da comunidade autónoma, para o desenvolvemento das funcións propias destes servizos ou entidades e cos límites establecidos na lei.

Quinto.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2010.

Senén Barro Ameneiro

Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

-Ficheiro nº 24 (Xestión de usuarios dos servizos do Instituto de Medicina Legal).

-Identificación do ficheiro:

Xestion de usuarios dos servizos do Instituto de Medicina Legal.

-Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro:

Vicerreitoría de Investigación. Universidade de Santiago de Compostela.

Praza do Obradoiro (Colexio de San Xerome) s/n.

15782 Santiago de Compostela.

A Coruña.

-Órgano, servizo ou unidade na que se deberán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Instituto de Medicina Legal.

Rúa San Francisco s/n.

15782 Santiago de Compostela.

A Coruña.

-Carácter informatizado ou manual estruturado do ficheiro:

Mixto.

-Medidas de seguridade:

Medidas de nivel alto.

-Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro:

Datos especialmente protexidos: saúde.

Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, dirección, teléfono, sinatura/pegada, imaxe/voz, sinatura electrónica.

Outros tipos de datos: información comercial, información xenética.

-Descrición detallada da finalidade do ficheiro e os usos previstos do mesmo:

Ficheiro para la xestión dos datos de persoas físicas interesadas en que o Instituto de Medicina Legal lles oferte os seus servizos, relacionados coa identificación xenética, contrapericias e asesoramento científico-técnico e informes de ADN.

-Tipificación da finalidade e usos previstos:

Prestación de servizos, publicacións, fins históricos, estatísticos ou científicos, historial clínico, actuación de forzas e corpos de seguridade, xustiza.

-Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos ou que resultan obrigados a subministralos:

Solicitantes, representantes legais.

-Procedencia ou procedemento de recollida dos datos:

O propio interesado ou o seu representante legal, administracións públicas. Formularios, tramitación electrónica.

-Órganos e entidades destinatarios das cesións previstas, indicando as transferencias internacionais:

Non se contemplan.