DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.213

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 (CT982D).

A Consellería de Cultura de Turismo ditou a Orde do 28 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico (Diario Oficial de Galicia nº 112, do 15 de xuño de 2010).

Advertido erro na dita orde, procede realizar a seguinte corrección:

Na páxina 10.859, artigo 2º, parágrafo segundo, onde di: «En caso de dúbida ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Secretaría Xeral para o Turismo por medio (...) ou do enderezo de correo electrónico axudas.dxt@xunta.es» debe dicir: «En caso de dúbida ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Secretaría Xeral para o Turismo por medio (...) ou do enderezo de correo electrónico axudas.turismo@xunta.es».

No artigo 5º, letra c), onde di: «O enderezo electrónico axudas.dxt@xunta.es» debe dicir: «O enderezo electrónico axudas.turismo@xunta.es».