DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.190

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de xuño de 2010 pola que se autoriza a apertura e o funcionamento do centro privado A Camelia, do concello de Vigo (Pontevedra).

A representante legal da entidade mercantil Juan Camacho Martín, S.L., titular do centro privado A Camelia, do concello de Vigo, solicita a apertura e o funcionamento para tres unidades do segundo ciclo de educación infantil.

O expediente tramitouno o Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o remite cos informes favorables correspondentes en cumprimento do Real decreto 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria; do Decreto 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e da Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, e demais normativa vixente.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a apertura e o funcionamento do centro privado que se relaciona a continuación:

Denominación: centro privado A Camelia.

Código do centro: 36024793.

Domicilio: rúa Bravo, 36-Samil.

Localidade: San Paio de Navia.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Juan Camacho Martín, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

Tres unidades do segundo ciclo de educación infantil.

Segundo.-Para a posta en funcionamento das unidades que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta a docencia.

Terceiro.-O centro queda obrigado do cumprimento da lexislación vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria