DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.185

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 25 de marzo de 2010, pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar os concellos de Galicia para a contratación temporal de auxiliares de policía local durante a tempada de verán.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas por resolución da persoa titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Finalidade da axuda: contratación temporal de auxiliares de policía local na tempada de verán do ano 2010.

Norma reguladora: Orde do 25 de marzo de 2010 pola que se regula a concesión de axudas económicas aos concellos de Galicia para a contratación temporal de auxiliares de policía local durante a tempada de verán. (DOG nº 61, do 31 de marzo).

Crédito orzamentario: 283.500 euros con cargo á aplicación orzamentaria 05.03.141A.460.0, do exercicio 2010.

Concellos beneficiarios e importes concedidos:

Ver referencia pdf "12600D006P013.PDF"

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2010.

José Norberto Uzal Tresandí

Director xeral de Administración Local