DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 05 de xullo de 2010 Páx. 12.183

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 2 de xullo de 2010 pola que se designan os membros do comité clínico a que se refiren os artigos 15 e 16 da Lei orgánica 2/2010, do 3 de marzo.

A Lei orgánica de saúde sexual reprodutiva e de interrupción voluntaria do embarazo establece que, con carácter excepcional, se poderá interromper o embarazo por causas médicas cando se detectan anomalías fetais incompatibles coa vida e así conste nun ditame emitido con anterioridade por un facultativo especialista, distinto do que practique a intervención, ou cando se detecta no feto unha enfermidade extremadamente grave ou incurable no momento do diagnóstico e así o confirme un comité clínico formado por un equipo pluridisciplinar no que se integran dous médicos especialistas en xinecoloxía ou obstetricia ou expertos en diagnóstico prenatal e pediatría.

De conformidade co establecido no artigo 16 da Lei orgánica 2/2010, en cada comunidade autónoma haberá candomenos un comité clínico nun centro da rede sanitaria pública.

A designación será realizada polas autoridades sanitarias e deberá facerse pública no diario oficial da comunidade autónoma, para un período non inferior a un ano.

Polo que en virtude das competencias que se establecen no artigo 34 da Lei da Xunta e da súa Presidencia,

resolvo:

Primeiro.-Nomear como membros titulares do comité clínico as seguintes persoas:

Carlos López Ramón y Cajal, facultativo especialista en xinecoloxía e obstetricia.

Ofelia Martínez Martínez, facultativa especialista en xinecoloxía e obstetricia.

María José Fernández Seara, facultativa especialista en pediatría.

Segundo.-Nomear como membros suplentes do comité clínico as seguintes persoas:

María Ruth Aguiar Couto, facultativo especialista en xinecoloxía e obstetricia.

María Guadalupe Alfonsín Somoza, facultativo especialista en xinecoloxía e obstetricia.

Arturo Fuentes Varela, facultativo especialista en pediatría.

Terceiro.-Establecer o prazo de actuación do comité clínico nun ano.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2010.

María del Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade