DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 01 de xullo de 2010 Páx. 12.035

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de maio de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG nº 100, do 28 de maio de 2010, procede facer as seguintes correccións:

-Na páxina 9.618, no artigo 5.8, onde di: «... Non se exixirá xustificalo se polas especiais características dos gastos non existe no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten ou, no caso en que se celebrase o contrato con anterioridade á solicitude da subvención. Deberá xustificarse ...», debe dicir: «... Non se exixirá xustificalo se polas especiais características dos gastos non existe no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. Deberá xustificarse ...».

-Na páxina 9.622, no artigo 13, onde di: «13.3. (…)», debe dicir: «13.2.1. (…)».

Onde di: «13.4. (…)», debe dicir: «13.2.2. (…)».

Onde di: «13.5. (…)», debe dicir: «13.3. (…)».

-Na páxina 9.624, no artigo 15.8, onde di: «Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, se é o caso, das cantidades previamente aboadas»; debe dicir: «Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación, ou a revogación se o incumprimento é superior ao 50%, da concesión, e o reintegro, se é o caso, das cantidades previamente aboadas».

-Na páxina 9.627, no anexo I, artigo 2.2, no segundo parágrafo, onde di: «As pemes de menos de 10 traballadores fixos ou que non dispoñan de persoal técnico propio deberán contratar con centros ou institucións tecnolóxicas o desenvolvemento do proxecto»; debe dicir: «As pemes de menos de 10 traballadores fixos ou que, superando esa cifra, non dispoñan de persoal técnico propio, deberán contratar con centros ou institucións tecnolóxicas o desenvolvemento do proxecto».