DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 01 de xullo de 2010 Páx. 12.035

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2010 pola que se modifica a Resolución do 13 de abril de 2010, pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

Por Resolución do 13 de abril de 2010 reguláronse os ficheiros de datos de carácter persoal do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), ben que no de Contabilidade e fiscalidade como nivel das medidas de seguridade consta o básico, cando pola finalidade de facenda pública que posúe o ficheiro e de conformidade co artigo 81.2º do Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, aprobado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, se debe establecer un nivel de seguridade de nivel medio.

En consecuencia, e de acordo coas atribucións que me confire o artigo 8 da Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Modificar, no anexo da Resolución do 13 de abril de 2010, pola que se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), o ficheiro denominado Contabilidade e fiscalidade que, na súa epígrafe i.- Medidas de seguridade, queda redactado do seguinte xeito:

«i) Medidas de seguridade: nivel medio. As medidas de seguridade do ficheiro están especificadas no correspondente documento de seguridade».

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2010.

Eliseo Diéguez García

Director do Instituto Enerxético de Galicia