DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 01 de xullo de 2010 Páx. 12.032

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á implantación de sistemas de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións e a súa certificación externa, e se convocan para o ano 2010.

Advertido erro na devandita orde publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 83, do 4 de maio, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 7.634, no artigo 15, punto 5, da Orde do 27 de maio, onde di: «5. O prazo máximo para ditar e notificar a correspondente resolución será nove (9) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde», debe dicir: «5. O prazo máximo para ditar e notificar a correspondente resolución será seis (6) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde».