DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Xoves, 01 de xullo de 2010 Páx. 12.030

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2010 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 7 de setembro de 2009, pola que se convocan subvencións para o desenvolvemento de programas para a educación familiar polas entidades locais de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 7 de setembro de 2009 pola que se convocan subvencións para o desenvolvemento de programas para a educación familiar polas entidades locais de Galicia.

Finalidade da axuda: as subvencións teñen por obxecto financiar programas de intervención familiar que desenvolveron as entidades locais a través de persoal técnico que se incorporou ao equipo de servizos sociais de atención primaria.

Norma reguladora: Orde do 7 de setembro de 2009 pola que se convocan subvencións para o desenvolvemento de programas para a educación familiar polas entidades locais de Galicia (Diario oficial de Galicia nº 182, do 16 de setembro).

Crédito orzamentario: 1.197.500 euros con cargo á aplicación orzamentaria 48.02.312A.460.0.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2010.

Beatriz Mato Otero

Conselleira de Traballo e Benestar

Ver referencia pdf "12400D005P022.PDF"

Ver referencia pdf "12400D007P024.PDF"