DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 30 de xuño de 2010 Páx. 11.911

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 23 de xuño de 2010 pola que se dan de baixa seis procedementos do Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, regulado polo Decreto 164/2005, do 16 de xuño.

O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións.

De conformidade co disposto no artigo 2.2º e a disposición adicional primeira b) e derradeira primeira do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán.

De acordo coa disposición adicional primeira b) do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, correspondelle á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a actualización do anexo VII do referido decreto cando sexa preciso.

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Danse de baixa do anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, procedementos para os que está habilitado o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia:

IN516A.-Axudas ás entidades locais ao abeiro do programa Cidades Dixitais 2007-2010.

IN516B.-Axudas aos concellos galegos ao abeiro do programa Concellos Dixitais 2008-2009.

IN520A.-Axudas ás empresas en materia de sociedade da información.

IN521C.-Axudas destinadas a promover actuacións de difusión e formación relacionadas co desenvolvemento da sociedade da información.

IN527A.-Convocatoria para rede sen fíos en polígonos industriais ou parques empresariais nos concellos solicitantes.

IN533A.-Selección de entidades colaboradoras con esta consellería, para a xestión de subvencións destinadas a que os traballadores autónomos accedan ás sociedades da información.

2. O procedemento para a tramitación electrónica estará dispoñible no enderezo:

http://www.xunta.es/presentacion-electronica-da-xunta-de-galicia

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2010.

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza