Advertidos erros no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 53, do xoves 18 de marzo de 2010, compre facer as oportunas correccións.
-Na páxina 3.682, columna esquerda, punto I.A.3.1.2.f, onde di: «f) As estancias de superficie=12,00 m2 deberán admitir na súa planta a inscrición dun cadrado de 2,60 m de lado, na forma establecida no punto I.A.2.2.»; debe dicir: «f) As estancias de superficie O 12,00 m2 deberán admitir na súa planta a inscricición dun cadro de 2,60 m de lado, na forma establecida no punto I.A.2.2.».
-Na páxina 3.682, columna dereita, punto I.A.3.2.2.1.d, onde di: «A superficie do cadrado non poderá ser invadida por elementos construtivos puntuais que non sobresaian máis de 0,30 m das caras do cadrado sempre que a suma total das superficies ocupadas en planta polos ditos elementos sexa inferiior a 0,15 m2; debe dicir: «a superficie do cadrado só poderá ser invadida por elementos construtivos puntuais que non sobresaian más de 0,30 m das caras do cadrado sempre que a suma total das superficies ocupadas en planta polos ditos elementos sexa inferior o 0,15 m2».
-Na páxina 3.686, columna dereita, punto I.B.3.2.2.d, onde di: «En edificios de vivendas colectivas de planta baixa máis dúas plantas nos cales non se instale ascensor, admitirase ventilación e iluminación cenital, por medio dun lucernario que dispoña dunha superficie mínima equivalente de 2/3 da superficie da caixa da escaleira. Neste caso, o oco central da escaleira quedará libre en toda a súa altura e nel deberá poder inscribirse un círculo de Ø 1,10 m»; debe dicir: «En edificios de vivendas colectivas de ata planta baixa máis dúas plantas nos cales non se instale ascensor, admitirase ventilación e iluminación cenital, por medio dun lucernario que dispoña dunha superficie mínima equivalente de 2/3 da superficie da caixa da escaleira. Neste caso, o oco central da escaleira quedará libre en toda a súa altura e nel deberá poder inscribirse un círculo de Ø 1,10 m».
b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA