DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 28 de xuño de 2010 Páx. 11.800

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2010 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Seguridade Laboral no primeiro cuadrimestre do ano 2010.

O artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.-Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2010, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2010.

Adela Quinzá-Torroja García

Directora do Instituto Galego de Seguridade

e Saúde Laboral

ANEXO

Convenio: acordo marco de cooperación entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) e Gas Natural Fenosa en materia de formación de risco eléctrico.

Obxecto: establecer un marco global de cooperación entre o ISSGA e Gas Natural Fenosa para realizar actividades e proxectos no ámbito da formación e información, en especial sobre risco eléctrico, e regular a ordenación de cantas accións se vaian producindo no desenvolvemento daquelas.

Importe achegado polo ISSGA: 0,00 €.

Data da sinatura: 27-4-2010.