DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 28 de xuño de 2010 Páx. 11.799

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

PORTOS DE GALICIA

ACORDO do 1 de xuño de 2010, da Zona Centro, polo que se anuncia a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións de atracada para embarcacións deportivas nas instalacións naútico-deportivas do porto de Muxía.

Estando a piques de rematarse as instalacións naútico-deportivas do porto de Muxía, anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes de autorizacións de atracada para embarcacións deportivas nas devanditas prazas, polo período necesario para que se cubran todas as prazas ou Portos de Galicia decida pechalo por razóns de interese portuario, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para estes efectos, que estarán á disposición dos interesados nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, sitas na avda. Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, nas oficinas de Portos de Galicia no porto de Camariñas e na páxina web de Portos de Galicia www.portosdegalicia.com (punto solicitudes de autorización de atracadas).

O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día 5 de xullo ás 9.00 horas.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito nas oficinas mencionadas anteriormente as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

A Coruña, 1 de xuño de 2010.

Lorena Solana Barjacoba

Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos

de Galicia