DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 24 de xuño de 2010 Páx. 11.610

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

LEI 3/2010, do 23 de xuño, pola que se modifica a Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

Exposición de motivos

A Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010 regula no seu título II os gastos de persoal ao servizo do sector público da Comunidade Autónoma. Na dita lei quedou establecido un incremento retributivo do 0,3%, con carácter xeral e vixencia anual, para o persoal ao servizo da Comunidade Autónoma. Non obstante, as retribucións dos altos cargos, así como as das persoas titulares das delegacións territoriais da Xunta de Galicia, experimentaron inicialmente unha redución do 3% para o ano 2010.

O 24 de maio de 2010 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto lei 8/2010, do 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público, que inclúe medidas de redución das retribucións do persoal ao servizo do sector público, con efectos do 1 de xuño de 2010. Estas medidas foron adoptadas, segundo a exposición de motivos do real decreto lei citado, por causa da dureza e profundidade da crise económica, nun intento de paliar as súas consecuencias e preservar os niveis de desenvolvemento e benestar dos cidadáns. Con este obxecto, o Estado decidiu reducir nun 5% en termos anuais a masa salarial destinada ao persoal do sector público. Esta redución opera sobre as retribucións básicas e sobre as de carácter complementario, e élles de aplicación obrigatoria a todas as administracións públicas. Tales medidas aplícanse cun criterio de progresividade para o persoal funcionario, coa finalidade de minimizar os seus efectos sobre os salarios máis

baixos. Para o persoal laboral dítanse normas específicas, co fin de recoñecer a función da negociación colectiva e garantir ao mesmo tempo a eficacia da redución.

Ata o momento actual a Comunidade Autónoma de Galicia mantivo un firme e sólido compromiso coa estabilidade das finanzas públicas, e situouse na senda estrita que lle marcou o obxectivo de estabilidade orzamentaria, tanto nos exercicios precedentes como no vixente. Xa no ano 2009 se adoptaron diversas medidas de actuación fronte á crise, como o Plan de austeridade no gasto público, aprobado polo Consello da Xunta o 4 de xuño de 2009, e o Plan de medidas de actuación urxente fronte á crise económica, aprobado o 30 de xullo do mesmo ano. No primeiro caso, os obxectivos específicos foron acadar un aforro corrente de 120 millóns de euros, a través da redución de gastos continxentes e da implantación de políticas de austeridade; priorizar o gasto en investimentos produtivos como elemento dinamizador da economía; implantar, no marco da Administración autonómica, políticas de austeridade e aforro de gasto corrente; e minimizar o impacto do plan de aforro sobre o gasto social e sanitario,

sen renunciar a que os seus departamentos xestores se implicasen nas políticas de austeridade citadas.

O Plan de medidas de actuación urxente fronte á crise económica, do 30 de xullo de 2009, desenvolvía unha estratexia orientada á recuperación dos sectores produtivos e da súa capacidade de xeración de emprego, e adoptaba tamén medidas de carácter social e fortalecía os aspectos críticos da produtividade e da competitividade da economía galega, especificamente da súa capacidade de investimento e innovación e do máximo desenvolvemento do potencial dos recursos humanos e da súa capacidade de xerar emprego. O plan abranguía medidas de dinamización económica, arredor de catro liñas de actuación, financiadas con cargo aos aforros producidos a través do Plan de austeridade no gasto público: fomento do emprego, fomento do tecido produtivo, apoio ás familias e outras medidas sociais, e operacións de financiamento e avais co obxecto de mellorar a liquidez das empresas. O Goberno da Xunta de Galicia situaba este Plan de medidas de actuación urxente no contexto do diálogo social, e dirixiuse aos

axentes económicos e sociais máis representativos na procura de acadar o maior acordo posible nas decisións e medidas fronte á crise.

Os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010 foron configurados baixo as directrices de austeridade, realismo e orientación de prioridades. Entre elas cómpre destacar que a austeridade no gasto é unha consecuencia directa do exame dos capítulos de gasto corrente, nos que se aprecia a aplicación de estritas políticas de aforro, ao evitar os gastos innecesarios, co resultado da súa contención global e, no caso da maior parte das seccións orzamentarias, cunha notable redución nos seus gastos de funcionamento.

Ademais desta clara posición inicial dos orzamentos, neste ano 2010 elaborouse un novo Plan de reequilibrio da Comunidade Autónoma, aprobado polo Consello de Política Fiscal e Financeira na súa sesión do 2 de marzo, que tivo como consecuencia inmediata a necesidade de realizar un plan de axuste orzamentario no que se recolleron as necesarias modificacións nas previsións dos ingresos iniciais por mor da minoración de 111 millóns de euros de anticipo, nos conceptos correspondentes a recursos adicionais e fondos de converxencia, recollidos no novo modelo de financiamento das comunidades autónomas, feito que tamén determinou a diminución do aforro corrente coa conseguinte imposibilidade de financiar, sen incorrer en déficit, os investimentos produtivos previstos inicialmente.

O resultado deste plan de axuste orzamentario foi a minoración dos gastos en máis de 200 millóns de euros. Para a realización destes axustes no gasto establecéronse criterios de racionalidade e equidade e consideráronse dous grupos. No primeiro incluíuse o gasto social prioritario e irrenunciable, o correspondente a sanidade, educación, universidades e benestar; e, no segundo, leváronse a cabo derramas proporcionais entre as restantes consellarías ata acadar o obxectivo. En canto aos investimentos, houbo reprogramacións que, en calquera caso, non orixinarán atraso nos prazos de execución.

Froito desta metodoloxía de traballo, acadouse a blindaxe do gasto social, posto que o reaxuste dos orzamentos de sanidade, educación e traballo e benestar supuxo un 1%, sen afectar a prestación de servizos, mentres que no resto das consellarías foi do 4,4%.

Neste contexto extraordinario de crise, o real decreto lei promulgado polo Estado e xa validado polas Cortes Xerais imponlles a todas as administracións públicas medidas adicionais de contención do gasto, entre elas a redución, con carácter urxente, das retribucións do persoal ao servizo do sector público. O Estado declara o carácter básico do disposto no artigo 1, alíneas Dous e Tres, do real decreto lei, que modifica as alíneas Dous e Cinco do artigo 22 da Lei 26/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2010.

En cumprimento da normativa básica estatal é preciso modificar os preceptos da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010 relativos ás retribucións do persoal ao servizo do sector público autonómico, co obxecto de adaptar as súas previsións e facer posible a súa aplicación na nómina do mes de xuño de 2010, segundo o disposto na norma estatal. De acordo con esta, a redución media das retribucións para o persoal funcionario, laboral e estatutario da Comunidade Autónoma é do 5%, en cómputo anual, respecto das vixentes o 31 de maio, se ben a dita porcentaxe se aplica con criterios de progresividade.

Así mesmo, aplícaselles unha redución ás retribucións dos altos cargos, que acada unhas porcentaxes do 15%, 10% e 8%, en función do seu rango, e, ademais, ás retribucións das persoas titulares das presidencias e vicepresidencias, direccións xerais, xerencias, outras direccións ou asimiladas, cando lles corresponda o exercicio de funcións executivas de máximo nivel nos centros de xestión do Servizo Galego de Saúde, nas axencias públicas autonómicas, nos organismos autónomos, nas sociedades públicas, nas fundacións e nos consorcios do sector público autonómico, con criterios de progresividade. Esta redución resúltalles aplicable aos altos cargos do Consello de Contas de Galicia, do Consello Consultivo e do Tribunal Galego de Defensa da Competencia.

Na disposición adicional segunda establécese unha redución das retribucións do persoal eventual regulado no artigo 12 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, ao que se lle aplicará unha tarifa progresiva semellante á establecida para os altos cargos ou para o persoal funcionario que perciban retribucións análogas.

Nas disposicións adicionais cuarta e quinta prevese o axuste nos módulos, tarifas e prezos que rexen nos concertos, contratos e convenios subscritos pola Administración autonómica cando estes están referenciados ás retribucións do persoal da Comunidade Autónoma, co obxecto de adecualos ás previsións desta lei.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2º do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, promulgo en nome de El-Rei a Lei pola que se modifica a Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

Artigo único.-Modifícase a Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010.

Un.-Dáselles unha nova redacción ás alíneas Un e Dous do artigo 13 da Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, que quedan redactadas nos seguintes termos:

«Un.A) Desde o 1 de xaneiro de 2010 e ata o 31 de maio de 2010, as retribucións íntegras do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma, incluídas, se é o caso, as que en concepto de paga extraordinaria do mes de xuño correspondesen en aplicación do artigo 12.Dous da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, nos termos recollidos no artigo 12.Un da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, non poderán experimentar un incremento global superior ao 0,3% respecto das establecidas no exercicio de 2009, en termos de homoxeneidade para os dous períodos de comparación, tanto polo que respecta a efectivos de persoal coma á súa antigüidade.

Nos termos do disposto no parágrafo anterior, a paga extraordinaria do mes de xuño incluirá, ademais da contía do complemento de destino ou concepto equivalente mensual que corresponda e ao que non se lle aplicará a redución do 5%, en termos anuais, establecida, con efectos do 1 de xuño de 2010, na alínea Un.B) deste artigo, as contías de soldo e trienios que se recollen no cadro seguinte ou, se é o caso, as que se sinalen nesta lei en función da carreira, corpo ou escala á que pertenzan os empregados públicos:

Ver referencia pdf "11900D001P006.PDF"

O indicado no parágrafo anterior respecto do complemento de destino mensual ou concepto equivalente que haxa que incluír na paga extraordinaria do mes de xuño de 2010 seralles tamén aplicable aos demais conceptos retributivos que formen parte da paga extraordinaria ou que se aboen con motivo destas.

Un.B) Con efectos do 1 de xuño de 2010, o conxunto das retribucións de todo o persoal ao servizo da Comunidade Autónoma ao que se refire a alínea Seis deste artigo experimentará unha redución do 5%, en termos anuais, respecto das vixentes a 31 de maio de 2010. Esta redución aplicarase como segue:

1. As retribucións básicas do persoal ao servizo do sector público, excluída a correspondente á paga extraordinaria do mes de decembro á que se refire o punto 3 desta alínea, quedan fixadas nas contías da alínea Dous deste artigo.

2. Unha vez aplicada a redución das retribucións básicas nos termos indicados no punto anterior, sobre o resto das retribucións practicarase unha redución de modo que resulte, en termos anuais, unha minoración do 5% do conxunto global das retribucións.

3. A paga extraordinaria do mes de decembro incluirá, ademais da contía do complemento de destino ou concepto equivalente mensual que corresponda, unha vez practicada a redución indicada no punto 2 anterior, as contías en concepto de soldo e trienios que se recollen no cadro seguinte ou, se é o caso, as que se sinalen nesta lei en función da carreira, do corpo ou da escala á que pertenzan os correspondentes empregados públicos:

Ver referencia pdf "11900D001P006.PDF"

O resto dos complementos retributivos que integren a dita paga extraordinaria ou se aboen con motivo desta terán a contía que lles corresponda por aplicación do disposto nesta alínea.

A paga extra do mes de xuño rexerase polo disposto na alínea Un.A) deste artigo.

4. A masa salarial do persoal laboral ao servizo do sector público definido na alínea Seis deste artigo experimentará a redución consecuencia da aplicación a este persoal, con efectos do 1 de xuño de 2010, dunha minoración do 5% das contías de cada un dos conceptos retributivos que integran a nómina e que lle corresponda percibir segundo os convenios colectivos que resulten aplicables, coa excepción do que se refire á paga extraordinaria do mes de xuño de 2010, á que non se lle aplicará a redución prevista nesta alínea.

No suposto de que a 1 de xuño de 2010 non finalizase a negociación colectiva para aplicar o incremento retributivo establecido no artigo 13.Un.A) desta lei, a minoración do 5% sobre os conceptos retributivos aos que se refire o parágrafo anterior aplicarase sobre as actualizadas a 1 de xaneiro de 2010 de acordo cos incrementos previstos nas correspondentes leis de orzamentos.

Sen prexuízo da aplicación directa e individual na nómina do mes de xuño de 2010 da redución á que se refiren os parágrafos anteriores, a súa distribución definitiva poderá alterarse nos seus ámbitos correspondentes mediante a negociación colectiva sen que, en ningún caso, poida derivarse un incremento da masa salarial como consecuencia da aplicación das medidas recollidas nos puntos anteriores.

Malia o disposto nos parágrafos anteriores, a dita redución non lle será aplicable ao persoal laboral cuxas retribucións por xornada completa non acaden 1,5 veces o salario mínimo interprofesional fixado polo Real decreto 2030/2009, do 30 de decembro.

Dous.A) As retribucións que percibirá desde o 1 de xaneiro ata o 31 de maio do ano 2010 o persoal funcionario ao que lle resulta aplicable o artigo 76 do Estatuto básico do empregado público incluído no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta do citado Estatuto básico, no concepto de soldo e trienios que corresponda ao grupo ou subgrupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala á que pertenza a persoa funcionaria, referidas a doce mensualidades, serán as seguintes:

Ver referencia pdf "11900D001P006.PDF"

Dous.B) As retribucións que percibirán con efectos do 1 de xuño de 2010, excluídas as que se perciban en concepto de pagas extraordinarias que se fixan na alínea Un deste artigo, polas persoas funcionarias ás que lles resulta aplicable o artigo 76 do Estatuto básico do empregado público incluído no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta do citado Estatuto básico, en concepto de soldo e trienios que correspondan ao grupo ou subgrupo no que estea clasificado o corpo ou a escala á que pertenza o persoal funcionario, referidas a doce mensualidades, serán as seguintes:

Ver referencia pdf "11900D001P006.PDF"

Dous.-Modifícase o artigo 14 da Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, que queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 14. Criterios retributivos aplicables ao persoal ao servizo da Comunidade Autónoma non sometido á lexislación laboral.

Un.A) Con efectos do 1 de xaneiro de 2010 e ata o 31 de maio de 2010, as contías dos compoñentes das retribucións do persoal do sector público ao servizo da Comunidade Autónoma non sometido á lexislación laboral serán as derivadas de aplicar as seguintes normas:

1. As retribucións básicas e as complementarias de carácter fixo e periódico experimentarán un incremento do 0,3% respecto das establecidas no exercicio de 2009, sen prexuízo, se é o caso, da adecuación destas últimas cando sexa necesario para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente coa súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade ou penosidade.

A paga extraordinaria que percibirá no mes de xuño o persoal incluído no ámbito de aplicación deste artigo será, consonte o indicado no artigo 13.Un.A) desta lei, dunha mensualidade de soldo, trienios, se é o caso, e complemento de destino ou concepto ou contía equivalente en función do réxime retributivo dos colectivos aos que este artigo lles resulte aplicable.

Os incrementos establecidos nos parágrafos anteriores non lles serán aplicables ás retribucións de cargos, postos e colectivos recollidos nos artigos 16, 18 e 19 desta lei.

2. O conxunto das restantes retribucións complementarias, se é o caso, experimentarán así mesmo un incremento do 0,3% respecto do exercicio de 2009, sen prexuízo das modificacións que deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para este ou do resultado individual da súa aplicación.

3. Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei

4. As indemnizacións por razón do servizo rexeranse pola súa normativa específica.

5. As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de xustiza, extensiva, preceptivamente, a determinado persoal funcionario da Comunidade Autónoma, liquidaránselles ás persoas beneficiarias conforme o que determinen as leis de orzamentos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule.

Un.B) Con efectos do 1 de xuño de 2010, as contías dos compoñentes das retribucións do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma non sometido á lexislación laboral serán as derivadas de aplicar as seguintes normas:

1. As retribucións básicas así como as complementarias de carácter fixo e periódico asignadas ao posto de traballo que desempeñe o dito persoal rexeranse, respecto das vixentes a 31 de maio de 2010, polo disposto no artigo 13.Un.B) e 13.Dous.A) desta lei, sen prexuízo, se é o caso, da adecuación destas últimas cando sexa necesario para asegurar que a retribución total de cada posto de traballo garde a relación procedente coa súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade ou penosidade.

A paga extraordinaria do mes de xuño rexerase polo disposto na alínea Un.A) deste artigo.

A paga extraordinaria do mes de decembro de 2010 do persoal incluído no ámbito de aplicación deste artigo rexerase polo disposto no artigo 13.Un.B).3 desta lei.

2. O conxunto das restantes retribucións complementarias terá unha redución do 4%, en termos anuais, respecto das vixentes a 31 de maio de 2010, sen prexuízo das modificacións que se deriven da variación do número de efectivos asignados a cada programa, do grao de consecución dos obxectivos fixados para este e do resultado individual da súa aplicación.

A redución establecida nos parágrafos anteriores non serán aplicables ás retribucións de cargos, postos e colectivos regulados nos artigos 16, 18 e 19 desta lei.

Malia o disposto no parágrafo anterior, as retribucións complementarias do grupo E, e agrupacións profesionais da Lei 7/2007, terán unha redución con carácter persoal do 1%.

3. Os complementos persoais e transitorios e as demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto nesta lei.

4. As indemnizacións por razón do servizo rexeranse pola súa normativa específica.

5. As prestacións familiares establecidas pola normativa específica do réxime especial da Seguridade Social dos funcionarios civís do Estado, das Forzas Armadas e da Administración de xustiza, extensiva, preceptivamente, a determinado persoal funcionario da Comunidade Autónoma, liquidaránselles ás persoas beneficiarias conforme o que determinen as leis de orzamentos xerais do Estado ou calquera outra disposición que as regule».

Tres.-Modifícase o artigo 15 da Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, que queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 15. Criterios retributivos en materia de persoal laboral.

Un.A) Con efectos do 1 de xaneiro e ata o 31 de maio de 2010, a masa salarial do persoal dos entes e organismos que se indican na alínea Seis do artigo 13 desta lei non poderá experimentar un crecemento global superior ao 0,3% respecto da correspondente ao ano 2009, comprendidos nesta porcentaxe todos os conceptos, sen prexuízo do que puider derivar da consecución dos obxectivos asignados a cada ente ou organismo mediante o incremento da produtividade ou a modificación dos sistemas de organización do traballo ou clasificación profesional.

Así mesmo, nos centros de xestión do Servizo Galego de Saúde e nos entes e organismos aos que se refiren as alíneas b), c), e) f) e g) do punto Seis do artigo 13 desta lei, os postos cuxa retribución sexa igual ou superior á establecida para os postos con rango de dirección xeral seguirán percibindo as mesmas retribucións que no ano 2009.

Un.B) Con efectos do 1 de xuño de 2010, a masa salarial do persoal laboral dos entes e organismos que se indican na alínea Seis do artigo 13 desta lei, tendo en conta o disposto no seu artigo 13.Un.B), experimentará a redución consecuencia da aplicación a este da minoración, con efectos do 1 de xuño 2010, nun 5% das contías de cada un dos conceptos retributivos que integran a nómina e que lle corresponda percibir de acordo co disposto no artigo 13.Un.B).4 desta lei, comprendida na dita porcentaxe a de todos os conceptos salariais, e sen prexuízo do disposto no parágrafo terceiro do punto 4 da alínea Un.B) do artigo 13 desta lei con carácter xeral e, en especial, do relativo á paga extraordinaria do mes de xuño de 2010, e do que puider derivarse da consecución dos obxectivos asignados a cada ente ou organismo mediante o incremento da produtividade ou a modificación dos sistemas de organización do traballo ou clasificación profesional.

O previsto nas alíneas anteriores representa o límite máximo da masa salarial, cuxa distribución e aplicación individual producirase a través da negociación colectiva.

Entenderase por masa salarial, para os efectos desta lei, o conxunto das retribucións salariais e extrasalariais e mais os gastos de acción social devengados durante o ano 2009 polo persoal laboral afectado, co límite das contías sobre as que emitiu informe favorable a Consellería de Facenda para o devandito exercicio orzamentario, exceptuándose en todo caso:

a) As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.

b) As cotizacións ao sistema da Seguridade Social a cargo do empregador.

c) As indemnizacións correspondentes a traslados, suspensións ou despedimentos.

d) As indemnizacións ou os suplidos por gastos que tivese que realizar o traballador ou a traballadora.

As variacións da masa salarial bruta calcularanse en termos de homoxeneidade respecto dos dous períodos obxecto de comparación, tanto no que respecta a efectivos reais do persoal laboral e antigüidade deste coma ao réxime privativo de traballo, xornada legal ou contractual, horas extraordinarias efectuadas e outras condicións laborais, e computaranse, en consecuencia, por separado as cantidades que lle correspondan á variación de tales conceptos.

Con cargo á masa salarial así obtida para o ano 2010 para cada un dos dous períodos sinalados deberase satisfacer a totalidade das retribucións do persoal laboral derivadas dos convenios ou acordos colectivos que se subscriban no ano 2010 e todas as que se produzan ao longo do exercicio, agás as que lle corresponde devengar ao devandito persoal no citado ano polo concepto de antigüidade.

As indemnizacións ou os suplidos deste persoal non poderán experimentar crecementos superiores aos que se establezan con carácter xeral para o persoal non laboral da Administración da Comunidade Autónoma».

Catro.-Modifícase o artigo 16 da Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, que queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 16. Retribucións dos altos cargos e outro persoal directivo.

Un.A) Con efectos do 1 de xaneiro de 2010 e ata o 31 de maio de 2010, as retribucións totais e exclusivas dos altos cargos, incluídas as pagas extraordinarias establecidas no punto Un do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, terán unha redución do 3%, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles consonte a normativa vixente.

Un.B) Con efectos do 1 de xuño de 2010, as retribucións totais e exclusivas dos altos cargos, incluídas as pagas extraordinarias, establecidas no punto Un do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, reduciranse en termos anuais un 15% para o presidente da Xunta, un 10% para os conselleiros, un 8% para os secretarios xerais, directores xerais e asimilados, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles consonte a normativa vixente.

As ditas retribucións referidas a doce mensualidades quedarán como segue:

Presidente da Xunta 71.960,28 €

Conselleiros 62.804,64 €

Secretarios xerais, directores xerais, delegados territoriais e asimilados 51.111,60 €.

Os secretarios xerais, directores xerais e asimilados percibirán un importe adicional de 1.198,76 € no mes de xuño e de 1.136,96 € no mes de decembro, en aplicación do disposto no punto 2 da disposición adicional décimo segunda da Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2003. A cantidade indicada incrementarase de acordo co previsto nos artigos 12.Dous e 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2008, nas contías adicionais de 886,42 € no mes de xuño e 837,27 € no mes de decembro.

Dous.A) Con efectos do 1 de xaneiro de 2010 e ata o 31 de maio de 2010, as retribucións totais dos membros do Consello de Contas de Galicia establecidas no punto Dous do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008 terán unha redución do 3%, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles consonte a normativa vixente.

Dous.B) Con efectos do 1 de xuño de 2010, as retribucións totais dos membros do Consello de Contas de Galicia establecidas no punto Dous do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008 reduciranse en termos anuais un 10% para o presidente e para os conselleiros, e un 8% para o secretario xeral.

As ditas retribucións referidas a doce mensualidades quedarán como segue:

Conselleiro maior 66.835,56 €

Conselleiros 62.804,64 €

Tres.A) Con efectos do 1 de xaneiro de 2010 e ata o 31 de maio de 2010, as retribucións totais dos membros do Consello Consultivo de Galicia establecidas no punto Dous do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008 terán unha redución do 3%, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles consonte a normativa vixente.

Tres.B) Con efectos do 1 de xuño de 2010, as retribucións totais dos membros do Consello Consultivo de Galicia establecidas no punto Dous do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008 reduciranse en termos anuais un 10% para o presidente e para os conselleiros.

As ditas retribucións referidas a doce mensualidades quedarán como segue:

Presidente 66.835,56 €

Conselleiros 62.804,64 €

Catro.A) Con efectos do 1 de xaneiro de 2010 e ata o 31 de maio de 2010, as retribucións totais dos membros do Tribunal Galego de Defensa da Competencia establecidas no punto Catro do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008 terán unha redución do 3%, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles consonte a normativa vixente.

Catro.B) Con efectos do 1 de xuño de 2010, as retribucións totais dos membros do Tribunal Galego de Defensa da Competencia establecidas no punto Dous do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008 reduciranse en termos anuais un 10% para o presidente e para os vogais.

As ditas retribucións quedarán como segue:

Presidente 66.835,56 €

Vogais 62.804,64 €

Cinco.A) Con efectos do 1 de xaneiro de 2010 e ata o 31 de maio de 2010, as retribucións das persoas titulares das presidencias e vicepresidencias e, se é o caso, das direccións xerais, xerencias, outras direccións ou asimiladas, cando lles corresponda o exercicio de funcións executivas de máximo nivel, nos centros de xestión do Servizo Galego de Saúde e nos entes e organismos aos que se refiren as alíneas b), c) e), f) e g) do punto Seis do artigo 13 desta lei, axustaranse ás seguintes regras:

a) Cando no ano 2009 fosen iguais ou superiores ás establecidas nese ano para os cargos de directores xerais da Administración xeral terán unha redución do 3%, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles consonte a normativa vixente.

b) Cando no ano 2009 fosen inferiores ás establecidas nese ano para os cargos de directores xerais da Administración xeral manterán a contía do 2009, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles consonte a normativa vixente.

c) No caso de que as retribucións resultantes da aplicación da regra anterior sexan superiores ás dos cargos de directores xerais da Administración xeral a 1 de xaneiro de 2010, reducirase proporcionalmente a súa contía, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles consonte a normativa vixente.

Cinco.B) Con efectos do 1 de xuño de 2010, as retribucións totais das persoas titulares das presidencias e vicepresidencias e, se é o caso, das direccións xerais, xerencias, outras direccións ou asimiladas, cando lles corresponda o exercicio de funcións executivas de máximo nivel, nos centros de xestión do Servizo Galego de Saúde e nos entes e organismos aos que se refiren as alíneas b), c) e), f) e g) do punto Seis do artigo 13 desta lei, reduciranse en cómputo anual con respecto ás percibidas en 2009, de acordo co seguinte criterio:

a) Cando a 31 de decembro de 2009 fosen iguais ou superiores ás establecidas nese período para os cargos de presidente da Xunta, conselleiros e directores xerais da Administración xeral, terán unha redución do 15%, 10% e 8% respectivamente, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles consonte a normativa vixente.

b) Cando a 31 de decembro de 2009 fosen inferiores ás establecidas nese período para o cargo de director xeral, reduciranse nun 7%, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlle consonte a normativa vixente.

Porén, as retribucións que resulten non poderán superar as dotacións que, no seu caso, lle correspondan ao dito posto.

Así mesmo, o importe da retribución que no seu caso correspondese percibir polo concepto de antigüidade adecuarase á nova situación que resulte en cada caso».

Cinco.-Engádese un último parágrafo ao artigo 17 da Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, que queda redactado nos seguintes termos:

«Con efectos do 1 de xuño de 2010, os complementos persoais e transitorios permanecerán coas mesmas contías que a 1 de xaneiro de 2010».

Seis.-Modifícase o artigo 19 da Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, que queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 19. Retribucións das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior.

Un.A) Con efectos do 1 de xaneiro de 2010 e ata o 31 de maio de 2010, continúan vixentes para o ano 2010 as contías das retribucións das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior establecidas no artigo 18 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, sen prexuízo do dereito ás indemnizacións, ás axudas de custo e á aplicación de coeficientes por razón de servizo que puider corresponderlles por residencia no estranxeiro. Así mesmo, terán dereito a percibir os trienios que puideren ter recoñecidos como persoal funcionario e persoal ao servizo das administracións públicas.

Un.B) Con efectos do 1 de xuño de 2010, redúcense en termos anuais nun 5% as contías das retribucións das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior establecidas no artigo 18 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, sen prexuízo do dereito ás indemnizacións, ás axudas de custo e á aplicación de coeficientes por razón de servizo que puider corresponderlles por residencia no estranxeiro. Así mesmo, terán dereito a percibir os trienios que puideren ter recoñecidos como persoal funcionario e persoal ao servizo das administracións públicas».

Sete.-Modifícase o artigo 20 da Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, que queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 20. Retribucións do persoal funcionario da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público.

Un.A) Con efectos do 1 de xaneiro de 2010 e ata o 31 de maio de 2010, e de conformidade co establecido nos artigos 13.Un.A), 13.Dous.A) e 14 desta lei, as retribucións que percibirá no ano 2010 o persoal funcionario incluído no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobada polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, que desempeñe postos de traballo para os que o Goberno da Comunidade Autónoma aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei, serán as seguintes:

a) O soldo e os trienios que lle correspondan ao grupo ou subgrupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala á que pertenza o persoal funcionario, de acordo coas contías reflectidas no artigo 13.Dous.A) desta lei referidas a doce mensualidades.

b) A paga extraordinaria do mes de xuño, que se percibirá de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 1989. O importe da dita paga será dunha mensualidade de soldo, trienios e complemento de destino mensual que se perciba de acordo co establecido no artigo 13.Un.A).

Cando o persoal funcionario prestar unha xornada de traballo reducida durante os seis meses anteriores ao mes de xuño, o importe da paga extraordinaria experimentará a correspondente redución proporcional.

c) Con efectos do 1 de xaneiro de 2010 ata o 31 de maio de 2010, o complemento de destino correspondente ao nivel do posto de traballo que se desempeñe, de acordo coas seguintes contías referidas a doce mensualidades:

Ver referencia pdf "11900D001P006.PDF"

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior poderá ser modificada nos casos nos que así proceda, consonte a normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ao posto de traballo.

d) O complemento específico mensual que, se é o caso, estea fixado ao posto que se desempeñe, que experimentará con carácter xeral un incremento do 0,3% respecto do aprobado para o exercicio de 2009.

O complemento específico anual percibirase en catorce pagas iguais, das que doce serán de percibo mensual e dúas adicionais. Á paga do mes de xuño seralle de aplicación o disposto no último parágrafo do artigo 13.Un.A) desta lei.

e) O complemento de produtividade que, se é o caso, se destine a retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou a iniciativa con que o persoal funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 69.3.c) do texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo.

O complemento de produtividade establecerase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría correspondente e logo do informe das direccións xerais da Función Pública, de Avaliación e Reforma Administrativa e de Orzamentos, unha vez escoitados os órganos de representación do persoal. Os complementos de produtividade débense facer públicos nos centros de traballo.

As contías asignadas por complemento de produtividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

f) As gratificacións por servizos extraordinarios, que concederá o Consello da Xunta de Galicia por proposta do departamento correspondente e dentro dos créditos asignados para tal fin.

Estas gratificacións terán carácter excepcional e soamente poderán ser recoñecidas polos servizos extraordinarios prestados fóra da xornada normal de traballo, sen que, en ningún caso, poidan ser fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo.

g) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 1989.

Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 2010, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de produtividade nin as gratificacións por servizos extraordinarios para estes efectos.

Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións manterase o complemento persoal transitorio fixado ao producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, mesmo a que poida derivar do cambio de posto de traballo.

Para os efectos da absorción prevista nos parágrafos anteriores, o incremento de retribucións de carácter xeral que se establece nesta lei só se computará no 50% do seu importe, entendendo que teñen este carácter o soldo, referido a catorce mensualidades, o complemento de destino e o específico.

Un.B) Con efectos do 1 de xuño de 2010 e de conformidade co establecido nos artigos 13, alíneas Un.A) e Dous.B), e 14.Un.A) desta lei, as retribucións que percibirá o persoal funcionario incluído no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobada polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, nos termos da disposición derradeira cuarta da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, que desempeñe postos de traballo para os que o Goberno da Comunidade Autónoma aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na devandita lei, serán as seguintes:

a) O soldo e os trienios que lle correspondan ao grupo ou ao subgrupo no que se atope clasificado o corpo ou a escala á que pertenza o persoal funcionario, de acordo coas contías reflectidas no artigo 13.Dous.B) desta mesma lei, referidas a doce mensualidades.

b) A paga extraordinaria do mes de decembro, que se percibirá de acordo co previsto no artigo 15 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 1989. O importe da dita paga fíxase de acordo co establecido no artigo 13.Un.B) desta lei.

A paga extraordinaria do mes de xuño rexerase polo disposto na alínea Un.A) deste artigo.

Cando o persoal funcionario prestar unha xornada de traballo reducida durante os seis meses anteriores ao mes de decembro, o importe da paga extraordinaria experimentará a correspondente redución proporcional.

c) Con efectos do 1 de xuño de 2010, o complemento de destino correspondente ao posto de traballo que se desempeñe, conforme as seguintes contías referidas a doce mensualidades:

Ver referencia pdf "11900D001P006.PDF"

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada na escala anterior poderá ser modificada nos casos nos que así proceda, consonte a normativa vixente, sen que isto implique variación do nivel de complemento de destino asignado ao posto de traballo.

d) O complemento específico que, se é o caso, estea asignado ao posto que se desempeñe, cuxa contía anual experimentará unha redución do 4% respecto da vixente a 31 de maio de 2010.

O complemento específico anual percibirase en catorce pagas, das que doce serán de percibo mensual e dúas adicionais. A paga adicional do mes de decembro será do mesmo importe mensual que o complemento específico mensual que corresponda neste período.

e) O complemento de produtividade que, se é o caso, se destine a retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou a iniciativa con que o persoal funcionario desempeñe o seu traballo, nos termos establecidos no artigo 69.3.c) do texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, experimentará unha redución con efectos do 1 de xuño de 2010, e en termos anuais, dun 4%. A dita redución aplicarase así mesmo respecto dos créditos autorizados para 2010.

O complemento de produtividade establecerase de acordo con criterios obxectivos que aprobe o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría correspondente e logo do informe das direccións xerais da Función Pública, de Avaliación e Reforma Administrativa e de Orzamentos, dentro do crédito total dispoñible que resulte dos axustes previstos neste artigo, unha vez escoitados os órganos de representación do persoal. Os complementos de produtividade débense facer públicos nos centros de traballo.

As contías asignadas por complemento de produtividade durante un período de tempo non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto das valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

f) As retribucións que, como consecuencia de gratificacións por servizos extraordinarios que conceda o Consello da Xunta por proposta do departamento correspondente, perciba o persoal dos distintos departamentos da Xunta de Galicia experimentarán a mesma redución do 5% das retribucións globais previstas nesta lei.

g) Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 1989.

Estes complementos persoais e transitorios serán absorbidos por calquera mellora retributiva que se produza no ano 2010, incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo. En ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de produtividade nin as gratificacións por servizos extraordinarios para estes efectos.

Incluso no caso de que o cambio de posto de traballo determine unha diminución das retribucións manterase o complemento persoal transitorio fixado ao producirse a aplicación do novo sistema, á absorción do cal se lle imputará calquera mellora retributiva ulterior, mesmo a que poida derivar do cambio de posto de traballo.

Para os efectos da absorción prevista nos parágrafos anteriores, o incremento de retribucións de carácter xeral que se establece nesta lei só se computará no 50% do seu importe, entendendo que teñen este carácter o soldo, referido a catorce mensualidades, o complemento de destino e o específico.

Dous.-O persoal funcionario interino incluído no ámbito de aplicación da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público percibirá a totalidade das retribucións básicas, incluídos trienios e pagas extraordinarias, e a totalidade das retribucións complementarias que correspondan ao posto de traballo para o que sexa nomeado, excluídas as que estean vinculadas á condición de persoal funcionario de carreira.

Tres.-O complemento de produtividade poderá atribuírselle, se é o caso, ao persoal funcionario interino ao que se refire a alínea anterior, así como ao persoal laboral temporal e ao persoal funcionario en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ao persoal funcionario que desempeñe análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de persoal funcionario de carreira.»

Oito.-Modifícase o artigo 21 da Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, que queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 21. Retribucións do persoal ao servizo das institucións sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Un.A) Con efectos do 1 de xaneiro e ata o 31 de maio de 2010, en aplicación do previsto na disposición transitoria sexta.1.a) da Lei 55/2004, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, o persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde percibirá as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías sinaladas para os devanditos conceptos retributivos no artigo 20.Un.A), letras a), b) e c), desta lei, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria segunda.Dous do devandito real decreto lei e de que a contía anual do complemento de destino se satisfaga en catorce mensualidades.

O importe das retribucións correspondentes ao complemento específico, ao complemento de atención continuada e mais ao complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade que, se é o caso, lle correspondan ao referido persoal experimentará o incremento do 0,3% respecto do importe aprobado para o exercicio de 2009.

A contía individual do complemento de produtividade determinarase conforme os criterios sinalados no artigo 2.Tres.c), na disposición transitoria terceira do Real decreto lei 3/1987, no artigo 43.2 da Lei 55/2003 e nas demais normas ditadas para o seu desenvolvemento.

Un.B) Con efectos do 1 de xuño de 2010, en aplicación do previsto na disposición transitoria sexta.1.a) da Lei 55/2003, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, o persoal incluído no ámbito de aplicación do Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do Instituto Nacional da Saúde percibirá as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías sinaladas para os devanditos conceptos retributivos no artigo 20.Un.B), letras a), b) e c), desta lei, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria segunda.Dous do devandito real decreto lei e de que a contía anual do complemento de destino se satisfaga en catorce mensualidades.

O importe das restantes retribucións complementarias que lle corresponda en cada caso ao referido persoal experimentará unha redución do 4% en termos anuais respecto do importe vixente a 1 de xaneiro de 2010.

Malia o disposto no parágrafo anterior, as retribucións complementarias do grupo E e agrupacións profesionais da Lei 7/2007 terán unha redución, con carácter persoal, do 1%, agás nos conceptos de atención continuada cuxo importe sexa de idéntica contía ao asignado a outros grupos.

A contía individual do complemento de produtividade determinarase conforme os criterios sinalados no artigo 2.Tres.c), na disposición transitoria terceira do Real decreto lei 3/1987, no artigo 43.2º da Lei 55/2003 e nas demais normas ditadas para o seu desenvolvemento, dentro do crédito total dispoñible que resulte dos axustes previstos neste artigo.

Dous.A) Con efectos do 1 de xaneiro e ata o 31 de maio de 2010, as retribucións do resto do persoal estatutario, funcionario e laboral das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde experimentarán o incremento previsto no artigo 13.Un.A) desta lei.

Dous.B) Con efectos do 1 de xuño de 2010, as retribucións do persoal non integrado nos réximes estatutarios das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, así como o persoal que percibe as súas retribucións polo sistema de cota e zona, regulado na Orde ministerial do 8 de agosto de 1986, así como o persoal sanitario en formación e, en xeral, calquera tipo de persoal non incluído no ámbito de aplicación do Real decreto lei 3/1987, que preste os seus servizos nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, experimentarán a redución consecuencia da aplicación a este persoal, con efectos do 1 de xuño de 2010, dunha minoración do 5% das contías de cada un dos conceptos retributivos que integran a nómina, coa excepción do que se refire á paga extraordinaria do mes de xuño de 2010 e á contía adicional que se percibe no dito mes, á que non se lle aplicará a dita redución.

Tres.-O complemento retributivo de carreira profesional rexerase pola súa normativa específica.

Catro.-Os requisitos para a modificación das retribucións do persoal ao que se refire este artigo serán os establecidos no artigo 25 desta lei».

Nove.-Modifícase o artigo 24 da Lei 9/2009, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2010, que queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 24. Outras normas comúns.

Un.-Con efectos do 1 de xaneiro e ata o 31 de maio:

a) Cando as retribucións percibidas no ano 2009 non se correspondesen coas establecidas con carácter xeral no título II da Lei 14/2006, do 28 de decembro, e non sexan aplicables as establecidas no mesmo título desta lei, experimentarán no ano 2010 un incremento do 0,3% sobre as percibidas no ano anterior.

b) Na Administración da Comunidade Autónoma, dos seus organismos autónomos e das súas axencias públicas, nos casos de adscrición durante o ano 2010 de persoal funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ao posto de traballo ao que se adscribe, o devandito persoal funcionario percibirá as retribucións que correspondan ao posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que autorice a Dirección Xeral da Función Pública por proposta das consellarías interesadas.

Só para os efectos da asimilación á que se refire o parágrafo anterior, a Dirección Xeral da Función Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do persoal funcionario.

A Dirección Xeral da Función Pública comunicaralle estas autorizacións á Dirección Xeral de Orzamentos para o seu coñecemento.

Dous.-Con efectos do 1 de xuño de 2010, as retribucións correspondentes ao persoal sinalado na alínea Un reduciranse nun 5% en cómputo anual respecto das vixentes a 31 de maio de 2010.

No caso de que as retribucións por xornada completa do dito persoal sexan inferiores a 1,5 veces o salario mínimo interprofesional fixado polo Real decreto 2030/2009, do 30 de decembro, non se aplicará a dita redución.

Tres.-As referencias relativas a retribucións contidas nesta lei enténdense sempre feitas a retribucións íntegras.

Catro.-As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos, para os efectos do cálculo de anticipos reintegrables ao persoal funcionario, entenderanse feitas ás retribucións básicas e complementarias que perciban estes nos seus importes líquidos».

Disposicións adicionais

Primeira.-Persoal ao servizo da Administración de xustiza.

O persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, pertencente aos corpos e ás escalas de médicos forenses, de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial, que depende organicamente da Xunta de Galicia, percibirá durante o ano 2011 as retribucións básicas e o complemento xeral do posto nos termos que se determinan polo Real decreto lei 8/2010, do 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público.

As contías do complemento específico e do denominado complemento autonómico transitorio reduciranse a partir do 1 de xuño de 2010 nun 4% en relación coas vixentes a 31 de maio de 2010.

A contía das retribucións en concepto de produtividade e das gratificacións, previstas no artigo 519.4 e 5 da Lei orgánica do poder xudicial, reducirase a partir do 1 de xuño de 2010 nun 4% en relación coa vixente a 31 de maio de 2010.

Segunda.-Persoal eventual.

Con efectos do 1 de xuño de 2010, ás retribucións do persoal eventual regulado no artigo 12 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público aplicaránselles unha redución con base nunha tarifa progresiva equiparable á establecida para o persoal funcionario ou alto cargo da Administración da Xunta de Galicia que percibe retribucións análogas.

Terceira.-Encomendas de xestión.

As tarifas e prezos das encomendas de xestión ás entidades declaradas medio propio e servizo técnico da Comunidade Autónoma reduciranse na parte proporcional que corresponda desde o 1 de xuño de 2010 co obxecto de axustarse ás previsións desta lei.

Cuarta.-Concertos, contratos e convenios de colaboración.

Desde o 1 de xuño de 2010, os importes dos concertos, contratos e convenios de colaboración que teña subscritos a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia adecuaranse ás novas condicións retributivas que se derivan das previsións desta lei cando conteñan módulos referenciados ás retribucións do seu persoal.

En particular, no ámbito do ensino privado concertado suspéndese o acordo entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, as organizacións patronais e as organizacións sindicais do ensino privado concertado da Comunidade Autónoma de Galicia sobre condicións laborais para os anos 2008, 2009 e 2010, e a calidade do ensino, no relativo ao establecido na súa cláusula terceira sobre o incremento interanual do 2% no complemento retributivo da Comunidade Autónoma (CRCA) e o incremento de 45 euros brutos mensuais para todo o profesorado en pagamento delegado e xornada completa.

Quinta.-Entidades integrantes do sistema universitario de Galicia.

As entidades integrantes do sistema universitario de Galicia realizarán as operacións precisas para aplicar a redución salarial prevista no Real decreto lei 8/2010, do 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público, e as estimacións correspondentes someteranse á aprobación da Administración da Comunidade.

As transferencias extraordinarias adicionais ao sistema de financiamento do sistema universitario de Galicia establecidas nos orzamentos para 2010 reduciranse ao longo do presente exercicio de 2010 como consecuencia das reducións previstas no Real decreto lei 8/2010, do 20 de maio, e nesta lei.

Sexta.-Entidades instrumentais.

Consonte a disposición adicional novena do Real decreto lei 8/2010, do 20 de maio, a redución salarial prevista nesta lei non será aplicable ao persoal laboral non directivo das sociedades mercantís. Porén, a Consellería de Facenda fixará os custos do persoal das ditas sociedades cunha redución do 5%, para os efectos de que, a través da negociación colectiva, ou por aplicación directa respecto do persoal non sometido a convenio que non se atope recollido no artigo 16 da Lei 9/2009, do 23 de decembro, se acade a aplicación do criterio de progresividade e homoxeneidade da redución das retribucións do conxunto do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia.

As entidades ás que se refiren as letras c), e), f) e g) do artigo 13.Seis da Lei 9/2009, do 23 de decembro, deberán remitirlle á Consellería de Facenda o resultado detallado da aplicación da redución do 5% da súa masa salarial prevista nesta lei.

Coa contía total do aforro obtido:

a) Procederase a minorar o importe das transferencias correntes pendentes de realizar pola consellaría da que dependan.

b) De non financiarse con transferencias correntes, procederase a financiar investimentos, coa minoración das transferencias de capital da entidade en contía análoga.

c) Por último, de non existiren as ditas transferencias, destinarase a reducir o endebedamento da entidade.

Sétima.-Destino dos aforros.

Autorízase a Consellería de Facenda a efectuar as retencións de créditos oportunas nas partidas orzamentarias nas que se reduce o gasto, para a súa posterior baixa en contabilidade.

Oitava.-Suspensión de acordos.

Suspéndese o cumprimento e a aplicación das previsións que afecten as retribucións dos empregados públicos contidas nos acordos subscritos entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e os sindicatos, co fin de darlle cumprimento ao disposto no Real decreto lei 8/2010, do 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a redución do déficit público.

Novena.-Regularización de nóminas.

No caso de que algunha das reducións das retribucións que se teñen que aplicar ao persoal afectado por esta lei non se poidan efectuar na nómina do mes de xuño por razóns técnicas, os órganos competentes da Administración da Comunidade Autónoma e das entidades afectadas efectuarán as regularizacións posteriores que sexan precisas.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas todas as disposicións que se opoñan a esta lei.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Desenvolvemento da lei.

Facúltase a Xunta de Galicia para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento e a execución de canto se prevé nesta lei.

Segunda.-Entrada en vigor.

Esta lei entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e tres de xuño de dous mil dez.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

b) NOMEAMENTOS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA