Eloymar Tranvías, U.T.E. solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a licenza de actividade para aparcadoiro de uso mixto, que se situará na rúa Policarpo Sanz (expediente 36214/422).
De conformidade co artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.
O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte á publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na Oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4 Vigo).
Vigo, 6 de maio de 2010.
José Manuel Mariño Mendoza
Delegado da Área de Urbanismo e Vivenda